Wednesday 01 de May de 2024

A Orquestra Os Satélites actuará o venres na festa de Entroido que organiza o Concello


O venres celébrase a festa de Entroido que organiza o Concello de Oleiros. Será no pavillón Arsenio Iglesias, a partir das 6 da tarde, e contará coa actuación da orquestra Os Satélites e cun concurso de disfraces con 5.200 euros en premios.

No concurso de disfraces haberá dúas categorías: grupos e individuais-parellas. En grupos haberá un primeiro premio de 1.500 €, un segundo de 1.000 €, dous terceiros de 500 € e un accésit de 400 €. En individual e parellas o primeiro premio será de 400 €, o segundo de 300 €, haberá dous terceiros de 200 € e dous accésit de 100 €. Para apuntarse é posible facelo a través da Sede electrónica ou presencialmente na Fábrica, ata o propio día da festa antes das 12:00 horas.

“Este ano non pensaba disfrazarme, pero cambiei de idea. Como sempre será un disfraz simpático, para denunciar un asunto. Porque o Entroido é para iso, para facer sátiras, rirse e divertirse”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.